Río Matachel
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Matachel é un río estremeño, afluente do Guadiana, no cal verte as súas augas despois de 124 km de percorrido. Salienta pola súa gran conca hidrográfica, que representa un 3,8 % do total da do Guadiana.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Tierra de Barros | |||
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Badaxoz, España | |||
Localización | Serra Morena | |||
Final | ||||
División administrativa | Algarve, Portugal | |||
Localización | Río Guadiana | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Bacia hidrográfica do Guadiana (pt) | |||
Características | ||||
Dimensións | 124 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.546 km² | |||
O Matachel nace na Serra Morena a 598 m de altitude, en Cortijo del Bruto, cerca de Azuaga, sendo a dirección xeral do seu percorrido lixeiramente SL-NO. O seu curso trancorre integramente na provincia de Badaxoz, na cal divide pola metade a comarca da Terra de Barros, na que conforma a principal corrente fluvial. No seu tramo final, o curso está regulado polos encoros de Alanje e Los Molinos. Desemboca nas proximidades das localidades de Don Álvaro e La Zarza, relativamente próximas a Mérida, a capital extremeña, a unha altura de 205 msnm. O caudal medio anual do río é de 99 hm³ (medición na presa de Los Molinos.
A conca do Matachel é de escaso desnivel, o que orixina un percurso e unha drenaxe sinuosa e densa, na que participan numerosos regatos estacionais. O clima mediterráneo, propio da zona marca grandes deferencias estacionais no seu caudal, até ser practicamente testemuñal no verán.
Os tributarios do Matachel son, en boa parte, regos estacionais. Salientan:
Nas súas augas dáse o Anaecypris hispanica (en castelán jarabugo), endémico no Guadiana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.