![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Radula_de_Aplysia_juliana.jpg/640px-Radula_de_Aplysia_juliana.jpg&w=640&q=50)
Rádula
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rádula é un órgano propio dos moluscos (excepto os bivalvos), formado por unha cinta membranosa cuberta de dentículos quitinosos transversais, coa función de raspar o seu alimento.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Radula_de_Aplysia_juliana.jpg/640px-Radula_de_Aplysia_juliana.jpg)
A boca destes moluscos dispón dun saco radular no que se localiza a rádula. Esta móvese cara a adiante e cara a atrás sobre unha cartilaxe, odontóforo, que sobresae do cego farínxeo, movemento que proporcionan músculos retractores e protactores que se fixan nos extremos desa cinta membranosa. Á súa vez, o odontóforo proxéctase cara a fóra movido por unha musculatura propia.
A acción mecánica dos dentes sobre o alimento e o desprazamento cara ao esófago grazas ós músculos retractores, é o que permite a incestión continua de pequenas porcións de alimento.
O número (ata valores de 100.000 dentes nalgunhas especies), forma e disposición dos dentes na rádula é característica de cada especie de molusco e determinan o réxime alimenticio de cada especie: herbívoro, carnívoro, detritóvoro ou parasito. A formación de novos dentes que substitúan ós gastados ou perdidos é un proceso continuo, localizado na parte posterior da cinta radular. Nalgunhas especies poden chegar a producirse ata cinco filas de dentes nun día.