Roy Hodgson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Roy Hodgson, nado en Croydon o 9 de agosto de 1947, é un exfutbolista e adestrador inglés. Adestrou 22 equipos diferentes en oito países durante os seus 48 anos como adestrador. Comezou a súa carreira como técnico en 1976 en Suecia, co Halmstads BK, facendo historia ao gañar dúas ligas suecas, as primeiras da historia do club. Tras adestrar varios equipos máis e de gañar outras cinco ligas suecas co Malmö, en 1992 converteuse no técnico da selección de Suíza, que levaba sen disputar un gran torneo dende a década de 1960, e logrou clasificala para o Mundial de 1994 (no que chegou a oitavos de final) e para a Eurocopa de 1996. De 2006 a 2007 adestrou a selección de Finlandia, levándoa ata o 33º posto da clasificación mundial da FIFA, o máis alto da súa historia, e dirixiu a selección de Inglaterra entre 2012 e 2016. Tamén adestrou entre outros o Inter de Milán, o Blackburn Rovers, o Grasshoppers, o FC Copenhague, o Udinese, o Fulham, o Liverpool, o West Bromwich Albion, o Crystal Palace e o Watford. É o adestrador de máis idade en ter dirixido na Premier League, con 76 anos, despois de ter superado 2019 a anterior marca de Bobby Robson (71).
Roy Hodgson | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Roy Hodgson | ||
Nacemento | 9 de agosto de 1947 | ||
Lugar de nacemento | Croydon | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1963–1965 | Crystal Palace | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1965–1966 | Crystal Palace | 0 | (0) |
1966–1969 | Tonbridge Angels | ||
1969–1971 | Ebbsfleet United | 59 | (1) |
1971–1972 | Maidstone United | ||
1972–1973 | Ashford United | ||
1973–1974 | Berea Park | ||
1974–1976 | Carshalton Athletic | ||
Adestrador | |||
1976–1980 | Halmstads | ||
1982 | Bristol City | ||
1982 | Oddevold | ||
1983–1984 | Örebro | ||
1985–1989 | Malmö | ||
1990–1992 | Neuchâtel Xamax | ||
1992–1995 | Suíza | ||
1995–1997 | Inter de Milán | ||
1997–1998 | Blackburn Rovers | ||
1999 | Inter de Milán | ||
1999–2000 | Grasshoppers | ||
2000–2001 | København | ||
2001 | Udinese | ||
2002–2004 | Emiratos Árabes Unidos | ||
2004–2005 | Viking | ||
2006–2007 | Finlandia | ||
2007–2010 | Fulham | ||
2010–2011 | Liverpool | ||
2011–2012 | West Bromwich | ||
2012–2016 | Inglaterra | ||
2013 | Inglaterra sub-21 | ||
2017–2021 | Crystal Palace | ||
2022 | Watford | ||
2023–2024 | Crystal Palace | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||