numismática sueca From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosa Christina Norström (de solteira Rosa Christina Strokirk), nada o 13 de novembro de 1830 e finada o 24 de maio de 1944 en Estocolmo, foi unha numismática sueca.[1][2]
Retrato de Rosa Norström | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Rosa Christina Strokirk 13 de novembro de 1860 |
Morte | 24 de maio de 1944 (83 anos) Estocolmo Suecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sueca |
Educación | Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades |
Q89547790 | Dirección do Gabinete Numismático Real. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Theodor Strokirk (en) |
Rosa Norström era filla do tamén numismático Wilhelm Theodor Strokirk.[3] En 1899 foi contratada pola Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades (Vitterhetsakademin), entidade que naquela época acollía o Gabinete Numismático Real de Suecia (Kungliga Myntkabinettet). En 1903 accedeu á presidencia do Gabinete Numismático e exerceu este cargo probablemente ata 1915, cando Bror Schnittger tomou o relevo no posto.[1][2]
Foi membro correspondente da Sociedade Numismática Sueca desde 1911.[4]
Estivo casada con Nils Vilhelm Emanuel Norström, finado en 1897.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.