Romaría do Naseiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Naseiro, coñecida tamén como "A Romaría do Bo Xantar" é unha popular romaría campestre que se celebra á beira do río Landro, na parroquia de San Pedro, Viveiro.
Tradicionalmente celébrase o cuarto domingo do mes de agosto. A tradición marcaba que acudisen as familias de Viveiro, levando a mellor vaixela e mantel e os máis típicos manxares. Hoxe en día é costume da xuventude o pasar alí case toda a semana.