Rockbox
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rockbox é un firmware alternativo de código aberto para reprodutores dixitais de música tipo MP3. O cargador e o firmware permiten a estes reprodutores funcionar sen as restricións do fabricante en canto aos formatos que son capaces de reproducir, as ampliacións de software (plugins e xogos) que poden incorporar, entre outras vantaxes.
Rockbox atópase en desenvolvemento desde 2001 e vai incorporando novas posibilidades e correccións diariamente. É posible configurar un gran número de opcións para adaptarse a cada usuario en particular. Inclúe axustes para controlar a calidade de son como ecualizador paramétrico e transicións sen pausa. É posible cargar configuracións prefijadas rapidamente. Ata é posible deseñar a fiestra de reprodución ata o último detalle. Preséntase nunha ampla variedade de idiomas incluído o galego e grazas aos menús falados, permite o seu uso ás persoas con problemas de visión.
En moitos dos reprodutores soportados están dispoñibles os seguintes formatos para a reprodución: Ogg Vorbis, MP3, FLAC, Musepack, AAC, ALAC, AC3 e WavPack. O obxectivo non é saltar as restricións DRM de dereitos dixitais de formatos protexidos, xa que estes formatos non se poden reproducir. No caso do iPod para os usuarios de Linux e Windows úsase como unha unidade externa de disco USB, é fácil trasladar os arquivos de música sen a necesidade de programas propietarios como iTunes. O aparello reproducirá calquera arquivo soportado que se atope no disco duro (ou memoria flash) do reprodutor, sen importar a súa localización.
Reprodutores soportados por Rockbox.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.