Herbario Nacional dos Países Baixos
herbario / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Herbario Nacional dos Países Baixos, HNPB (en neerladés Nationaal Herbarium Nederland, NHN) é un herbario fundado en 1999, e que consta e tres seccións ou ramas localizadas en Leiden, Utrecht e Wageningen.[1]
Cada rama do HNPB, ademais das follas do propio herbario, tamén dispón dunha biblioteca que inclúe bibliografía botánica e micolóxica desde o século XVI até a actualiade. Durante os últimos 10 anos os datos recompilados recolléronse nunha base de datos que hoxe en día comprende máis de 820 000 entradas. Esta base de datos é unha poderosa ferramenta de investigación que se pode utilizar para moitas finalidades, por exemplo, para avaliacións sobre a biodiversidade. A base de datos, que inclúe tamén imaxes dixitais de todo tipo das súas coleccións, pode consulrase en liña a través da Brahms Database da Universidade de Oxford, e pronto estará dispoñíbel tamén a través do GBIF.[1]
O herbario tamén contén plantas cultivadas, tanto alimenticias coma ornamentais. As tres ramas teñen tamén unha extensa colección de zumes e mostras de madeira.[1]
O NHPB coordina varios proxectos de flora. A "Flora de Malesia" e a "Flora das Güainas" teñen o seu asento en Leiden, mentres que a "Flora de Benin" e a "Flore de Gabón" están coordinadas desde Wageningen.[2]