From Wikipedia, the free encyclopedia
As rodospiriláceas (Rhodospirillaceae) son unha familia de proteobacterias. A maioría son bacterias púrpuras non do xofre, que poden realizar a fotosíntese; inicialmente todas as bacterias non do xofre foron incluídas nesta familia.[1][2]
Rhodospirillaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Azospirillum |
Atópanse con frecuencia en ambientes acuáticos, como lama e auga encorada, aínda que poden vivir con aire.[1]
Esta familia inclúe a Magnetospirillum, que contén pequenas cadeas do mineral magnetita.[1] Isto permítelles detectar o campo magnético da Terra, e moverse en dirección norte ou sur para volver ao fondo dos lagos (magnetotaxe). Atopáronse en meteoritos marcianos cadeas de magnetita similares que fixeron especular sobre a posibilidade de vida en tempos antigos en Marte.[3] Outro exemplo ben coñecido é a bacteria fotosintética anoxixénica Rhodospirillum rubrum.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.