xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Os rododendros[1] son arbustos pertencentes ao xénero Rhododendron (do grego: rhodos, rosa; dendron, árbore). É un xénero de anxiospermas pertencente á familia Ericaceae, que contén máis de 1000 especies, algunhas das cales son coñecidas comunmente como azaleas. Axéitanse moi ben ao clima galego, por iso son moi comúns na xardinaxe do país. Dado que é un xénero moi extenso, as plantas se organizan en subxéneros, seccións, subseccións e series. Estes subxéneros divídense basicamente en catro grupos:
Rododendros (xénero Rhododendron) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor do rododendro | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subxéneros | |||||||||||||||||
Fonte: RBG, Edinburgh
|
As especies deste xénero son arbustos ou pequenas árbores (raramente árbores grandes), os menores non superan os 10 ou 20 cm de altura e as especie máis alta, R. arboreum, pode acadar os 30 m.
As follas dispóñense en espiral; o seu tamaño oscila entre 1 a 2 cm nas especies máis pequenas a máis de 50 cm nas maiores, excepcionalmente as de R. sinogrande poden chegar a medir 1 m; e son tanto perennes coma caducifolios.
Nalgunhas especies, o envés das follas está cuberto por escamas ou vilosidades. Algunhas das especies máis coñecidas caracterízanse polos seus moitos acios de grandes flores.
Existen desde especies alpinas con follas miúdas até especies tropicais tales coma a serie Vireya que a miúdo medra coma epífitas.
Vexetan ben en solos acedos, por iso se dan ben nas condicións galegas, producindo numerosos acios de grandes flores en forma de trompeta e lustrosas follas ovaladas.
A maioría florecen durante un curto período de tempo anualmente, mais durante ese breve tempo se converten nunha asombrosa exhibición de cor.
O xénero Rhododendron está amplamente estendido, aínda que a maior diversidade se dá na parte sueste do cordal do Himalaia, dende o Nepal central e o leste de Sikkim deica Yunnan e Sichuan, con outras zonas tamén de relevante diversidade nas montañas de Indo-China, Xapón e Taiwán.
Varias das especies medran tamén en América do Norte e outras cantas en Europa (Rhododendron ponticum). Hai así mesmo especies tropicais que medran ao sur de Borneo e Nova Guinea.
Existen varios centos de cultivares de rododendro. Teñen sido modificados para que produzan flores máis miúdas e unha inmensa variedade de cores. Un exemplo dun destes sonados cultivares é o rododendro do presidente Roosevelt. Esta variedade posúe follas variegadas rechamangueiras e flores de brillantes cor avermellada que se va decolorando até chegar ao branco no centro.
Todos os rododendros conteñen unha toxina llamada grayanotoxina no pole e o néctar, polo que o mel que derivada destas plantas é moi velenoso. O resto da planta tamén é velenosa, en especial as follas.
Tanto as especies como os híbridos (incluídas as azaleas) úsanse extensamente por todo o mundo como plantas ornamentais en xardinaxe. Moitas delas, así como os seus cultivares, cultivan para o comercio viveirístico. Os rododendros son apreciados pola súa estrutura, tamaño, flores e o seu comportamento perenne[2]
As azaleas adóitanse empregar nos bordos arredor dos edificios e ocasionalmente coma sebes. Os rododendros de follas máis grandes en plantacións informais, en xardíns silvestres ou como elementos illados. Nalgúns locais as especies maiores, como R. arboreum e R. falconeri, son podadas para forzar o crecemento en forma de árbore, chegando a acadar os 10 ou 15 m, ou incluso máis.[2]
En Galiza é normal atopar os rododendros en parques e xardíns urbanos e tamén na xardinaxe particular, illados no eido ou acaroados á vivenda.
O maior xardín silvestre de rododendros do mundo atópase en akersville, Carolina do Norte (EUA). Áchase no parque natural Roan Mountain.
Os rododendros cultívanse comercialmente para a venda en moitos lugares e en ocasións (poucas xa) se recollen exemplares silvestres. O cultivo a grande escala selecciona con frecuencia características demandadas polos cultivadores afeccionados, tales como resistencia das raíces á podremia en solos demasiados húmidos, posibilidade de forzado á floración precoz, facilidade de enraizamento ou outros métodos de propagación, e facilidade de venda.[3]
Coma as outras ericáceas, a maioría dos rododendros prefiren solos acedos, cun pH de entre 4,5 a 5,5, como os de Galiza. Algunhas Vireias tropicais e outras cantas especies crecen como epífitas polo que requiren unha mestura de solo semellante á das orquídeas. Os espécimes deste xénero posúen raíces fibrosas, polo tanto necesitan substratos ben drenados con alto contido en materia orgánica. En zonas con mala drenaxe ou solos alcalinos, cultívanse en parterres elevados utilizando coma compost casca de piñeiro.[4] É importante un bo aporcado (elevar un pouco o chan) así como regar coidadosamente en especial antes de que a planta estea establecida.
Para unha floración correcta cómpre que o botón principal da raíz estea a nivel do chan. Se se soterra demasiado, a planta medrará sen problemas mais non botará flores.
Varias especies de insectos poden provocar ataques nos rododendros. Os barrenadores e algunhas especies de gurgullos son as súas pragas principais, así como eirugas e larvas de lepdópterios (bolboretas e avelaíñas). As doenzas fúnxicas principais inclúen podremias na raíz, no talo e rebentos causada polo fungo Phytophthora.
O rododendro é a flor nacional do Nepal. Tamén é a flor que representa o estado de Washington e Virxinia do Oeste, nos Estados Unidos, o estado de Sikkim na India é á cidade de São Paulo, no Brasil.
Entre as especies de Rhododendron, salientan:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.