Rexións político-administrativas de Venezuela
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os primeiros pasos para a creación de Rexións político-administrativas no que hoxe é Venezuela déronse xa durante a época colonial, cando se crearon grandes entidades político-administrativas en razón das estratexias militares.
Despois da independencia, o presidente Antonio Guzmán Blanco creou 8 grandes estados (logo ampliados a 9) en busca de rexionalizar a división de Venezuela.
Finalmente, en 1999, despois da aprobación da Constutuición da República Boliviarana de Venezuela, e a instancias do Ministerio do Poder Popular para a Planificación, creáronse as rexións político-administrativas que se coñececen na actualidade.
Estas rexións administrativas agrupan estados, Distrito Capital e dependencias federais de Venezuela. A rexionalización institucionalizou un proceso de desenvolvemento rexional.