Rexión de Mykolaiv
From Wikipedia, the free encyclopedia
A rexión de Mykolaiv (en ucraíno Миколаївська область) é unha rexión (oblast) do suroeste de Ucraína, con capital na cidade de Mykolaiv.
Ten unha superficie de 24.585 km², abarcando o 4% do territorio do país. A súa poboación alcanzaba en 2013 os 1.126.148 habitantes, cerca do 3% da poboación do país.
Os principais ríos que a atravesan son o Bug Meridional e o Ingul.