![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/Serbia1809.png/640px-Serbia1809.png&w=640&q=50)
Revolución serbia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Co nome de revolución serbia coñécese a resistencia serbia á dominación otomá, que foi durante moito tempo latente, pero que se maniufestou violentamente cando o Imperio Otomán xa estaba moi debilitado, principios do século XIX e, especialmente, ás dúas insurreccións que estalaron, a primeira no ano 1804, e a segunda no ano 1815.[1][2]
A adopción da primeira Constitución escrita en 1835 aboliu o feudalismo e a servidume,[3] e fixo ao país suzerán.[4]
A revolución serbia non foi só unha rebelión nacional, senón tamén unha revolución social, despois da cal Serbia experimentou un gran progreso debido a que aceptou os valores da sociedade burguesa. Como resultado destes levantamentos e das guerras contra o Imperio Otomán, xurdiu o Principado de Serbia, que foi internacionalmente recoñecido o ano 1878.[5]
O termo revolución serbia foi cuñado polo historiador alemán Leopold von Ranke, no seu libro Die Serbische Revolution, publcado en 1829.[6]