Republicanismo federal
From Wikipedia, the free encyclopedia
O republicanismo federal é unha ideoloxía que entende a República como asociacións locais de cidadáns e promove a participación cidadá nos asuntos públicos. Unha parte importante é o concepto do federalismo, buscándose a descentralización ou distribución e as unidades de administración e xestión máis pequenas, para así evitar gobernos centrais fortes cunha alta concentración de poder. Foi a antesala do cantonalismo.
Francesc Pi i Margall e o Partido Republicano Democrático Federal son os referentes desta tendencia importante na España do século XIX.