![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/BER_basic_pathway.svg/langgl-640px-BER_basic_pathway.svg.png&w=640&q=50)
Reparación por escisión de bases
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioquímica e xenética, a reparación por escisión de bases (abreviada como BER, do inglés base excision repair) é un mecanismo celular que repara os danos no ADN durante o ciclo celular. É responsable principalmente da eliminación de pequenas lesións nas bases do ADN ao longo do xenoma que non distorsionan a hélice do ADN. A vía relacionada da reparación por escisión de nucleótidos repara lesións voluminosas que causan distorsións na hélice. A BER é importante para a eliminación de bases danadas que poderían doutro modo causar mutacións por apareamento incorrecto de bases ou orixinar roturas no ADN durante a replicación. A BER é iniciada polas ADN glicosilases, que recoñecen e eliminan bases incorrectas ou danadas específicas, que forman sitios AP. Estas son despois cortadas pola AP endonuclease. As roturas de cadea simple resultantes poden despois ser procesados ou ben por BER de parche curto (onde se substitúe un só nucleótido) ou BER de parche longo (onde se sintetizan de 2 a 10 novos nucleótidos).[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/BER_basic_pathway.svg/320px-BER_basic_pathway.svg.png)