![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/78/Flag_of_Azerbaijan_1918.svg/langgl-640px-Flag_of_Azerbaijan_1918.svg.png&w=640&q=50)
República Democrática de Acerbaixán
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República Democrática de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Xalq Cümhuriyyəti) foi o primeiro intento exitoso de estabelecer unha república democrática e secular no mundo musulmán (anterior á República de Turquía).[1] A República Democrática de Acerbaixán foi fundada o 28 de maio de 1918, despois do colapso do Imperio Ruso, que comezou coa Revolución Rusa de 1917 polo Consello Nacional de Acerbaixán en Tiflis.[2] Os seus límites foron estabelecidos con Rusia ó norte, a República Democrática de Xeorxia, no noroeste, e a República Democrática de Armenia, ao oeste, e Persia, no sur. Posuía unha poboación de 2 millóns de persoas.[3] Ganja foi a capital provisional da República, Bakú estivo baixo control bolxevique ata 1919.
Himno | Azərbaycan marşı ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Gəncə (1918–1918) Bakú (1918–1920) ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.862.000 (1920) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua azerí ![]() | ||||
Relixión | Islam ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de maio de 1918 ![]() | ||||
Disolución | 28 de abril de 1920 ![]() | ||||
Sucedido por | República Socialista Soviética de Acerbaixán ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria ![]() | ||||
Moeda | Manat acerbaixano ![]() | ||||
A independencia declarouse o 28 de maio de 1918 en Tiflis polo Consello Nacional Acerbaixano. A República só existiu 23 meses pois o 27 de abril de 1920, o XI Exército Vermello entrou en Bakú e a República Democrática de Acerbaixán caeu sendo proclamada a República Socialista Soviética de Acerbaixán.