Reino de Hungría
From Wikipedia, the free encyclopedia
O reino de Hungría fundouse coa coroación de Estevo I de Hungría, no ano 1000. O seu nome orixinario era Vajk e descendía das tribos maxiares. O seu pai Géza fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de Europa occidental. O reino estableceuse na rexión de Pannonia, antiga provincia romana invadida polos maxiares.
Magyar Királyság (hu) | |||||
Himno | Himnusz | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado desaparecido | Imperio Austrohúngaro | ||||
Capital | Budapest (1873–) | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua húngara | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1000 | ||||
Disolución | 1 de febreiro de 1946 | ||||
Sucedido por | República Popular de Hungría (1918-1919) e República da Hungria (pt) | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Dieta da Hungria (pt) , | ||||
Moeda | Coroa austrohúngara | ||||
Estevo rematou en 1006 a pacificación do territorio e forzou a cristianización e feudalización do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como Croacia e os territorios de Eslovaquia oriental.
No 1242 este pequeno pero puxante reino sufriu a invasión dos mongois. Baixo Béla IV de Hungría, a despoboación e pauperización do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiáticos, mandou construír unha liña de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.