Agasallo nupcial
From Wikipedia, the free encyclopedia
En etoloxía denomínase agasallo nupcial, galano nupcial, obsequio nupcial, presente nupcial, ou regalo nupcial, ao comportamento animal adoptado por un macho que presenta alimentos ou substancias nutritivas á femia mentres a cortexa, se aparea con ela ou incluso despois de copular.
Este comportamento forma parte dos ritos nupciais da selección sexual.