![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f5/PDB_1hzx_7TM_Sketch_Membrane.png/640px-PDB_1hzx_7TM_Sketch_Membrane.png&w=640&q=50)
Receptor de membrana
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os receptores de membrana (receptores transmembrana, receptores da superficie celular) son receptores que están inseridos na membrana plasmática da célula. Actúan na sinalización celular ao unirse a moléculas extracelulares (ligandos). Son proteínas integrais de membrana especializadas que permiten a comunicación entre a célula e o espazo extracelular. As moléculas extracelulares poden ser hormonas, neurotransmisores, citocinas, factores de crecemento, moléculas de adhesión celular, ou nutrientes; reaccionan co receptor para inducir cambios no metabolismo e a actividade dunha célula. No proceso de transdución de sinais, a unión de ligandos afecta a unha fervenza de cambios químicos iniciados desde a membrana plasmática.
- Véxase tamén: Receptor (bioquímica).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f5/PDB_1hzx_7TM_Sketch_Membrane.png/640px-PDB_1hzx_7TM_Sketch_Membrane.png)
Pode haber receptores similares en membranas de orgánulos.