From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Madrid Club de Fútbol C, coñecido habitualmente como Real Madrid C, é un equipo de fútbol español, o segundo filial do Real Madrid Club de Fútbol, que xoga actualmente na Segunda División B.
Real Madrid C | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Madrid Club de Fútbol C | |||
Fundación | 1990 | |||
Estadio | Ciudad Real Madrid, Madrid, España | |||
Inauguración | 2005 | |||
Capacidade | 3.000 | |||
Presidente | Florentino Pérez | |||
Adestrador | Manolo Díaz | |||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | |||
2012–13 | 5º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Bwin | |||
Na rede | ||||
http://www.realmadrid.com/ | ||||
| ||||
O equipo comezou a súa existencia como un conxunto afeccionado na década de 1950, baixo o nome de Real Madrid Aficionados e coroouse seis veces consecutivas no Campionato de España de Afeccionados. O seu último campionato neste torneo clasificouno para xogar a Copa do Xeneralísimo de 1970/71, da que foron eliminados na segunda rolda polo CF Gandía.[1] O maior éxito do equipo viría nese mesmo torneo, onde xa baixo o nome de Copa do Rei alcanzou os oitavos de final na tempada 1986-87, sendo eliminados polo Atlético de Madrid.[2]
Na Liga o equipo xogou nas ligas rexionais ata a tempada 1980-81 cando ascende por primeira vez á Terceira División. En 1990, despois de que a Real Federación Española de Fútbol sacase un novo regulamento sobre equipos filiais, este conxunto foi renomeado como Real Madrid Club de Fútbol C. Xa baixo esta denominación, o equipo conseguiu o ascenso á Segunda División B na tempada 1992-93 e mantívose nela durante 4 anos, ata que o descenso a devandita categoría do Real Madrid Castilla relegoulles a regresar á Terceira División. Estivo preto de alcanzar o ascenso na tempada 2005-06, pero na final a praza de ascenso foi obtida polo CD Guijuelo debido á regra do gol de visitante.
Na tempada 2011-12 volve disputar a fase de ascenso a Segunda División B, tras quedar en segundo lugar no grupo VII de Terceira División. Na primeira fase enfróntase ao Villaralbo CF ao que vence na ida por 0-1 en Zamora. No partido de volta disputado na Ciudad Real Madrid de Valdebebas, o conxunto branco vence por 4-1. Na segunda fase elimina a UD Marbella gañando 1-2, fóra de casa e vencendo 2-0 na Ciudad Real Madrid. Na última fase queda eliminado polo CD Binissalem, pero por problemas económicos doutros clubs incapaces de asumir os custos da categoría, a Real Federación Española de Fútbol vendeulle unha das prazas vacantes para Segunda División B.[3]
O Real Madrid C xoga os seus partidos na Ciudad Real Madrid, situada no Parque de Valdebebas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.