![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5c/Coat_of_arms_of_the_Royal_Norwegian_Air_Force.svg/langgl-640px-Coat_of_arms_of_the_Royal_Norwegian_Air_Force.svg.png&w=640&q=50)
Real Forza Aérea de Noruega
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Forza Aérea de Noruega (noruegués: Luftforsvaret) é a forza aérea do Reino de Noruega. Estableceuse como un brazo separado das Forzas Armadas de Noruega o 10 de novembro de 1944. En tempos de paz a Luftforsvaret ten uns 2 400 empregados (oficiais, persoal alistado e civís). 600 efectivos tamén cumpren o seu período de reclutamento na Forza Aérea. Despois da mobilización podería estar formada por uns 5 500 efectivos.
Datos rápidos Activa, País ...
Real Forza Aérea de Noruega | |
---|---|
Luftforsvaret | |
![]() | |
Activa | 10 de novembro de 1944 |
País | ![]() |
Tipo | Forza aérea |
Papel | guerra aérea |
Páxina web | https://www.forsvaret.no/om-forsvaret/organisasjon/luftforsvaret |
Insignias | |
Escarapela | ![]() ![]() |
Bandeira | ![]() |
Pechar
A infraestrutura da Forza Aérea está formada por sete bases aéreas (en Ørland, Rygge, Andøya, Evenes, Bardufoss, Bodø e Gardermoen), un centro de detección e control (en Sørreisa) e tres centros de adestramento (en Værnes, Kristiansand e Stavanger).