Lista de raíñas e emperatrices de Francia
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A continuación presentase unha lista das mulleres que foron as consortes dos reis e emperadores de Francia desde a ascensión ao trono dos Capetos.
A lei dos varóns impide a ascensión dunha muller ao trono, polo que o país galo nunca tivo unha raíña gobernante por dereito propio, mais de entre as nobres mulleres desta lista resaltan algunhas delas que foron rexentes do reino en distintas circunstancias:
- Ana de Kíiv: desde 1060 e ata 1066, durante a minoría de idade do seu fillo Filipe I.
- Adela de Champaña: entre 1090 e 1092, durante a participación do seu fillo Filipe II Augusto na Terceira Cruzada.
- Branca de Castela:
- Xoana de Borgoña: durante as varias ausencias do seu esposo, Filipe VI, pola Guerra dos Cen Anos.
- Isabel de Baviera-Ingolstadt: informalmente, durante a demencia do seu esposo Carlos VI (1393-1420)
- Catarina de Medici:
- en 1552, pois o seu esposo Henrique II encontrábase nunha Campaña Militar.
- por tres anos desde 1560, pois o seu segundo fillo Carlos IX aínda era menor de idade.
- por un breve período en 1574, mentres o seu fillo Henrique III chegaba desde Polonia para asumir a coroa.
- María de Médici: desde 1610 e ata 1614, pola minoría de idade do seu fillo Lois XIII ao morrer Henrique IV.
- Ana de Habsburgo: a partir de 1643 e ata 1651, en nome do seu fillo Lois XIV, aínda menor de idade.
- Euxenia de Montijo: en tres ocasións durante as ausencias do seu esposo Napoleón III.
Desde o ano 987, da voda de Hugo I de Francia, cóntanse 53 consortes dos monarcas franceses, delas 49 levaron o título de Raíña de Francia, Raíña Consorte ou Raíña dos franceses. Tres delas levaron o título de Emperatriz dos franceses e unha foi coñecida como Consorte Real.