Rato doméstico
especie de roedor, a máis frecuente de rato / From Wikipedia, the free encyclopedia
O rato doméstico ou rato caseiro (Mus musculus) é unha especie de roedor miomorfo da familia Muridae.[2] É a especie máis frecuente de rato. Crese que é a segunda especie de mamíferos con maior número de individuos, despois de Homo sapiens. Habita sempre preto do home, co que mantén unha relación de comensalismo. O rato de laboratorio pertence a esta especie, polo que é tamén o mamífero máis utilizado en experimentos de laboratorio como organismo modelo e existen multitude de variantes transxénicas que simulan doenzas xenéticas humanas. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[3] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Rato doméstico | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Mus musculus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Vermello escuro: autóctono. Vermello claro: introducido. |
Pechar