dispositivo usado para mover o cursor na pantalla dun ordenador From Wikipedia, the free encyclopedia
Un rato é un dispositivo periférico que se conecta a un ordenador e permite o desprazamento pola pantalla segundo os movementos que o usuario fai sobre unha superficie, facilitando así o manexo do ordenador. Aínda que foi inventado por Douglas Engelbart en 1963 non se fixo popular ata a década dos 80. Hoxe en día a práctica totalidade dos ordenadores de escritorio dispoñen del.
Os ratos detectan o movemento que con eles realiza o usuario mediante un sistema mecánico consistente nunha bóla que xira libremente e move dous eixos perpendiculares, mediante unha combinación dun díodo emisor cun fotodíodo (no caso dos ópticos), ou mediante un láser. A transmisión da información ata o ordenador pode ser a través de cable; este conéctase co ordenador a través dun porto específico, o PS/2 (habitualmente de cor verde), aínda que cada vez máis a través de portos USB). A conexión tamén pode ser sen fíos, ben por infravermellos ou ben por radiofrecuencia. É frecuente que os ratos teñan unha rodiña que tamén permite desprazarse pola pantalla.
O movemento do rato en dúas dimensións sobre unha superficie plana transmítese como modificación de coordenadas na pantalla e a súa representación visual recibe o nome de "punteiro". Os ratos deseñados para os sistemas MAC adoitan ter un botón, os de Windows dous e os de Linux/Unix dous ou tres. Ao botón da esquerda chámaselle tamén "primario" e ao da dereita "secundario", se ben isto pódese alterar para comodidade das persoas zurdas.
A premer o botón primario chámaselle "facer clic" ou "clicar". Se se fai dúas veces moi rápido dise "facer dobre clic".
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Rato |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.