política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Raquel Sánchez Jiménez, nada en Gavà o 18 de novembro de 1975 é unha avogada e política catalá, que foi alcaldesa de Gavà desde febreiro do 2014 e, desde 2021 ata 2023, ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do goberno de Pedro Sánchez.
(2014) | |
Nome orixinal | (es) Raquel Sánchez Jiménez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de novembro de 1975 (48 anos) Gavà, España |
Presidenta Parador de Turismo | |
2024 – | |
Minister of Transport, Mobility and Urban Agenda (en) | |
12 de xullo de 2021 – 20 de novembro de 2023 ← José Luis Ábalos Meco – Óscar Puente Santiago → | |
Alcaldesa de Gavà | |
15 de febreiro de 2014 – 12 de xullo de 2021 ← Joaquim Balsera García – Gemma Badia Cequier (en) → | |
Comarcal councillor of Baix Llobregat (en) | |
17 de maio de 2012 – | |
Member of Gavà City Council (en) | |
27 de maio de 2007 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona Universidade Pompeu Fabra |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Partido político | Partit dels Socialistes de Catalunya |
Membro de | |
Premios | |
| |
Licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona, fixo un Mestrado de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade Pompeu Fabra.[1]
Exerceu como avogada en Barcelona e Castelldefels. O exercicio desta profesión espertou nela grande interese polos asuntos públicos e un profundo sentido da xustiza social.[2]
A súa vida política desenvolveuse durante varios anos na súa localidade natal, Gavà. Membro do Partit dels Socialistes de Catalunya desde 2003, foi concelleira do municipio de Gavà desde 2007, e tenente da alcaldía desde 2011.[3] Secretaria xeral do PSC na súa cidade desde 2012, forma parte do Consello Nacional do Partido.[4]
Foi alcaldesa da súa cidade en 2014, en substitución do tamén socialista Joaquim Balsera i García, e revalidou este cargo en dúas eleccións, a última das cales, en 2019, acadou a maioría absoluta. 0 30 de novembro de 2019 foi nomeada vicepresidenta institucional da Área metropolitana de Barcelona.[4]
En 2021, presentou en Gavà o "Pla de Ponent" que prevía a creación dun máximo de 4 896 vivendas, o 40 por cento delas públicas, especulando co último corredor biolóxico Garraf/Delta.[5]
O 11 de xullo de 2021 foi nomeada ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, relevando a José Luis Ábalos como ministro de Fomento.[1] O 21 de novembro de 2023 deixa de ser ministra e pasa ao sucesor, Óscar Puente Santiago nomeado como novo ministro de Transportes e Mobilidade Sostible.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.