Atol Rangiroa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rangiroa (no dialecto local Ragiroa ou Ra'iroa) é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Está situado ao noroeste do arquipélago, a 350 km de Tahití.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
Arquipélago | Tuamotu | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.567 (2012) (32,49 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 79 km² | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Altitude | 12 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
É un dos atois máis grandes do mundo, cun total de 1640 km²; de superfecie, e unha lagoa de 78 km de longo cunha profundidade entre 20 e 35 m. O escollo está formado por 241 illotes e bancos de area dun ancho de entre 300 e 600 m. Hai catro pasos entre o océano e a lagoa. Os dous máis importantes son ao norte, xunto ás vilas de Avatoru e Tiputa que concentran a maior parte da poboación. Con 2.438 habitantes (censo de 2007) é o atol máis poboado das Tuamotu. A poboación vive do turismo, a pesca e o cultivo de perlas negras.
O nome de Rangiroa, ou Rairoa, significa «longo ceo». Probablemente foi poboado no século X. En 1616 chegaron os neerlandeses Le Maire e Schouten e chamárona illa das Moscas (Uliegen Eylandt). Quedaron literalmente cubertos e non puideron quitalas de encima durante días. En 1770 os insulares sufriron unha severa derrota ante os guerreiros da veciña Anaa, quedando a illa despoboada logo do masacre e o exilio, e non foi repoboada ata corenta anos máis tarde. Os primeiro europeos en instalarse foron uns misioneiros católicos en 1851. Estes desenvolveron a plantación de cocos e os habitantes traballaron na industria da copra (polpa de coco seca). En 1965 construíuse un aeroporto de 2.100 m facilitando a chegada do turismo. Unha das atraccións é a práctica do mergullo, cunha rica fauna mariña onde destacan as raias, golfiños e quenllas.
Outros nomes históricos son: Vavaunui, Deans, Nairsa e Prince of Wales.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.