From Wikipedia, the free encyclopedia
O ramadán[1] (en árabe: رمضان, Ramaḍān), é o noveno mes do calendario musulmán,[2] e é considerado pola comunidade musulmá de todo o mundo como o mes de xaxún para conmemorar a primeira revelación do Corán a Mahoma segundo as crenzas do islam.[3][4] Esta celebración anual está considerada como un dos 5 Alicerces do islam.[5] O mes dura uns 29 ou 30 días baseándose no avistamento da lúa crecente, seguindo as numerosas referencias compiladas no hadiz.[6][7]
O calendario musulmán é un calendario lunar, cada mes comeza despois da lúa nova, ao se facer visible o primeiro brillo da lúa crecente. A maioría dos musulmáns insiste na observación local do cuarto crecente para marcar o principio do ramadán, mais outros prefiren o cálculo da lúa nova para determinar o empezo do mes. Xa que o primeiro crecente non aparece ao mesmo tempo en todos os lugares, as datas de inicio e fin do mes depende do que se ve en cada lugar. Xa que logo, as datas varían dun país a outro, e se non hai evidencia de lúa pode comezar un día despois[8]. Como o calendario musulmán pode contar dez, once ou, en anos bisestos, doce días menos que o solar e sen embolismo ningún, o ramadán muda cada ano e pasa progresivamente dunha estación a outra.
As datas correspondentes ao inicio e fin deste mes no calendario gregoriano son as seguintes[9]:
Ano (calendario musulmán) | Ano (calendario gregoriano) | Ramadán |
---|---|---|
1441 | 2020 | 24 de abril - 23 de maio |
1442 | 2021 | 13 de abril - 12 de maio |
1443 | 2022 | 3 de abril - 2 de maio |
1444 | 2023 | 23 de marzo - 21 de abril |
Lailat al-Qadr (noite do destino) está considerada a noite máis santa do ano, conmemora a noite no que o arcanxo Gabriel lle revelou ao profeta Mahoma os primeiros versos do Corán[10]. Para os musulmáns esta noite é "mellor que mil meses" de oracións, boas accións e invocación: rezar durante toda esta noite ten tanta recompensa como rezar durante mil meses, xa que logo, moitos musulmáns pasan parte, ou mesmo toda, da noite a rezar ou ler o Corán. Non hai unha data exacta, e a falta de poder determinada é habitual que os crentes celebren ese día varias veces no ramadán para asegurar o seu cumprimento.
Segundo a tradición sunnita esta noite cadra nos últimos dez días impares do ramadán, e así pode ser o 21, 23, 25, 27 ou 29 dese[11], aínda que se adoita facer énfase no 27[12]. Mentres na tradición xiíta, esta noite tamén coincide co último terzo do ramadán, mais fan fincapé no 19, 21 ou 23 do mes[13].
O Eid al-Fitr, a fin do período de xaxún e do ramadán, é unha ocasión de celebración e festa que abrangue tres días.[14] Tras a fin do xaxún, os musulmáns acoden ás mesquitas a primeira hora da mañá vestidos coa súa mellor roupa, moitas veces nova, para a primeira oración do Eid. Os nenos reciben agasallos, organízanse festas e visítanse familiares e amigos. Tamén é tradición darlles alimentos aos pobres.
No ramadán conmemóranse varios acontecementos importantes da historia do islam:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.