Ramón Noceda Caamaño, nado en Lariño (Carnota) en 1954, é un político galego do BNG.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 (69/70 anos) Lariño, España |
Alcalde de Carnota | |
2011 – 2019 ← José Domingo Cipriano Oreiro – Juan Manuel Saborido Rama → | |
Alcalde de Carnota | |
1983 – 1989 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Carnota |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Carnota e foi elixido alcalde, gobernando en minoría con apoios puntuais de distintos partidos. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde, esta vez con maioría absoluta. Porén, ao ano seguinte resultaría expulsado do BNG xunta outros 2 edís da formación nacionalista por diversos desencontros cos seus compañeiros. A finais de 1988 os cinco concelleiros do seu anterior partido, o BNG, e os dous de Coalición Progresista Galega presentaron unha moción de censura para apartalo da alcaldía e elixir o seu excompañeiro Manuel Brea Beiro coma novo rexedor. Finalmente a moción votouse o 21 de febreiro de 1989, gobernando ata entón co apoio dos outros 2 edís que foran expulsados xunta el do BNG e os edís do PSdeG, AP e CDS.
Presentouse ás municipais de 1991 como número 3 da candidatura da Frente Popular Galega, a cal logrou 2 concelleiros que apoiarían a continuidade de Brea Beiro na alcaldía. Posteriormente solicitou a súa reincorporación ao BNG. Nas municipais de 2003 foi de número seis na lista do BNG encabezada por Xosé Manuel García, se ben non resultou elixido. En 2007 foi suplente.
Nas municipais de 2011 volveu encabezar a lista do BNG e foi elixido alcalde grazas ó apoio do PSdeG-PSOE, formando un goberno monocolor en minoría. Nas municipais de 2015 foi reelixido con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2019 non se presentou á reelección, sendo sucedido na alcaldía por Juan Manuel Saborido Rama do PSdeG[1]. Nas municipais de 2023 regresou á política e encabezou a candidatura do BNG en Carnota, mais non logrou recuperala alcaldía dado que o PSdeG logrou a maioría absoluta.
Predecesor: Juan Luís Lago Lago |
Alcalde de Carnota 1983 - 1989 |
Sucesor: Manuel Santiago Brea Beiro |
Predecesor: José Domingo Cipriano Oreiro |
Alcalde de Carnota 2011 - 2019 |
Sucesor: Juan Manuel Saborido Rama |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.