político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Ramón García Vázquez, nado en Betanzos o 18 de marzo de 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de marzo de 1952 (72 anos) Betanzos, España |
Alcalde de Betanzos | |
2011 – 2018 (dimisión) ← María Dolores Faraldo – María Barral Varela → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Betanzos |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Incorporouse á política brigantina nas eleccións municipais de 1987, como número 8 da lista do PSdeG-PSOE encabezada por Manuel Lagares Pérez. A vitoria do seu partido permitiulle ser investido como concelleiro e facerse cargo da área de acción rural. Volveu ser elixido concelleiro en todas as eleccións municipais, sempre nas listas do partido socialista, e ocupou diversos cargos na administración local.
Logo da perda da alcaldía polos socialistas nas municipais de 2007, e a posterior dimisión do seu cabeza de lista en novembro dese ano, asumiu a función de portavoz do seu partido na oposición, para posteriormente concorrer ás municipais de 2011 como cabeza de lista e candidato a alcalde. Os seis concelleiros obtidos, unidos aos dous do BNG e ao único logrado polos independentes Cidadáns por Betanzos, permitíronlle formar goberno en minoría e ser investido alcalde o 11 de xuño[1]. Revalidou a alcaldía nas municipais de 2015, subindo a 7 concelleiros e gobernando en minoría.
O 17 de xullo de 2018 presentou a súa dimisión por motivos de saúde[2], polo que foi substituído pola súa número 2 María Barral Varela.
Predecesor: María Faraldo |
Alcalde de Betanzos 2011 - 2018 |
Sucesor: María Barral Varela |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.