príncipe de Mónaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Rainerio[1] III de Mónaco[2], nado o 31 de maio de 1923 e finado o 6 de abril de 2005, foi fillo da princesa Charlotte Louise Juliette, duquesa de Valentinois (1898-1977) e do príncipe Pierre Marie Xavier Antoine Melchior (1895-1964). Recibe o título hereditario e a sucesión ó trono pola renuncia do seu pai, o príncipe Lois II.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
O 18 de abril de 1956 casa con Grace Kelly (nacida en Pensilvania, Estados Unidos o 12 de novembro de 1929) e queda viúvo o 14 de setembro de 1982, cando esta morre nun controvertido accidente de tráfico. Tivo 3 fillos: a princesa Carolina (23 de xaneiro de 1957), o príncipe Alberte (14 de marzo de 1958 e actual príncipe) e a princesa Estefanía (1 de xaneiro de 1965).
Tivo así mesmo 7 netos: 4 fillos de Carolina: Andrea (1984), Charlotte (1986), Pierre Stefano (1987) e a princesa Alexandra de Hannover (1999); e 3 fillos de Estefanía: Louis Roberto Paul (1992), Pauline (1994) e Camille Marie Kelly (1998). Morreu o 6 de abril de 2005 despois dunha longa enfermidade causa dunha serie de operacións.
Educouse en Inglaterra e Suíza. Estudos de ciencias políticas en París. Alistado no exército francés como tenente secundario, participou con esta unidade nas operacións para a campaña de Alsacia. Recibiu a Cruz da Guerra e a Estrela de Bronce.
Pasa a tenente da sección económica da misión militar francesa en Berlín. En xaneiro de 1947, Léon Blum, presidente do goberno interino da república francesa, conferiulle a lexión militar do Cabaleiro a cruz e de honra. En abril de 1949, o goberno francés ascéndeo a capitán, e en decembro de 1954, concédelle o grao de coronel no exército francés. Accede ó trono en 1949, con 26 anos.
No primeiro capítulo da constitución, indícase que o responsable da autoridade é o príncipe reinante. A constitución de 1962 tamén indica que a sucesión ao trono pasa aos descendentes directos e lexítimos do príncipe reinante baixo principio de primoxenitura. Os descendentes masculinos toman precedencia sobre descendentes femininos do mesmo grao de parentesco. En ausencia de descendentes lexítimos, un neno adoptado pode ter acceder ao trono. O príncipe, porén, pode exercer soamente o seu mandato se alcanzou a súa maioría de idade, fixada na idade de 21 anos. Durante a súa minoría, o cargo é exercido por un rexente.
As normas sucesorias foron modificadas a principios do século XX para que, no caso de que Alberto non tivese descendencia, Andrea, primoxénito de Carolina, poida reinar. Isto implica que na constitución actual reformada, o herdeiro buscarase primeiro entre os fillos do soberano, primando os homes. No caso de non ter descendencia, o trono pode pasar a un irmán do soberano. Para reinar é necesario tamén ter a nacionalidade monegasca e ter polo menos 18 anos (xa non 21).
Predecesor: Lois II de Mónaco |
Príncipe de Mónaco 1949 - 2005 |
Sucesor: Alberte II de Mónaco |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.