escritor italiano (1875–1950) From Wikipedia, the free encyclopedia
Rafael Sabatini, nado en Jesi o 29 de abril de 1875 e finado en Adelboden o 13 de febreiro de 1950 foi un escritor británico de orixe italiana, autor de novelas, de aventuras e amores, de moito éxito na súa época.
(1924) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1875 Jesi (Reino de Italia) |
Morte | 13 de febreiro de 1950 (74 anos) Wikon (Suíza) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–1950) Reino de Italia (1875–1946) Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | escritor , guionista , novelista , tradutor , escritor de ciencia ficción |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
|
Naceu na provincia de Ancona, na Italia central, de nai inglesa e pai italiano. Os pais eran antigos cantantes de ópera que se converteran en profesores. O neno Rafael viviu en contacto con moitas linguas, vivindo co seu avó en Inglaterra, e foi á escola en Portugal, mais tamén pasou algúns períodos en Suíza. Aos dezasete anos volveu a Inglaterra.
Tras unha breve experiencia no mundo dos negocios, Sabatini mirou á literatura, escolleu o inglés como lingua literaria xa que na súa opinión "As mellores historias escríbense en inglés"[1]; na década de 1890 escribiu contos, e en 1902 apareceu a súa primeira novela. Pero tardou máis dun cuarto de século antes de alcanzar o éxito, grazas a Scaramouche, publicado en 1921. Esta brillante novela sobre a Revolución Francesa converteuse nun éxito de vendas; Captain Blood de 1922 tivo o mesmo éxito e tamén se reeditaron as súas obras anteriores, acadando tamén moito éxito The Sea Hawk, orixinalmente publicada en 1915. Sabatini, foi un prolífico escritor, capaz de escribir un libro cada ano e aínda que as súas obras posteriores non acadaron o éxito das anteriores, mantivo un alto nivel de popularidade entre os lectores. En total, Sabatini escribiu trinta e unha novelas, oito coleccións de contos, seis libros de non ficción e mais unha peza teatral. As súas novelas máis famosas foron The Sea Hawk (1915), sobre a armada española e os piratas da Costa Berberisca; Scaramouche (1921), que se desenvolve durante a Revolución Francesa e na que o protagonista, un fuxitivo, únese a unha compañía de comediantes; Captain Blood (1922), na que o protagonista é o almirante dun buque da frota pirata e Bellarion the Fortunate (1926), sobre un arteiro neno inmerso na política italiana do século XV . De varias das súas novelas fixéronse versións cinematográficas. Rex Ingram realizou Scaramouche (1923) protagonizada por Ramón Novarro; The Sea Hawk (1924) dirixiuna Frank Lloyd e protagonizouna Milton Sills. Da versión cinematográfica de Captain Blood (1924), con J. Warren Kerrigan como protagonista só se conserva unha copia incompleta. O filme sonoro The Black Swan (1942) protagonizárono Tyrone Power e Maureen O'Hara.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.