mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Raúl Fernández Fernández, nado en Castrelo do Val en 1955 e finado o 20 de xuño de 2019,[1] foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 Castrelo do Val, España |
Morte | 20 de xuño de 2019 (63/64 anos) |
Alcalde de Castrelo do Val | |
1987 – 2005 – Vicente Gómez García → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , mestre |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Foi mestre de ensino primario e exerceu nos colexios Verín, Padrón, Boiro, Negreira, Castrelo do Val e Oímbra. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castrelo do Val e foi elixido alcalde con maioría simple. Nas municipais de 1991 foi reelixido alcalde con maioría absoluta, sendo designado deputado provincial para ese mandato. Volveu revalidala alcaldía con maioría absoluta nas municipais de 1995, 1999 e 2003.
En agosto de 2005 foi nomeado delegado territorial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, onde se mantivo ata a derrota do PSdeG nas eleccións autonómicas de 2009. Nas eleccións municipais de 2011 volveu ser elixido concelleiro en Castrelo do Val. En novembro de 2009 foi elixido Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, cargo que revalidou en maio de 2012 e no que se mantivo ata novembro de 2017. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 2012, acta que revalidou nas autonómicas de 2016.
Predecesor: Severiano Álvarez Limia |
Alcalde de Castrelo do Val 1987 - 2005 |
Sucesor: Vicente Gómez García |
En novembro de 2020 foi elixido fillo predilecto de Castrelo do Val[2]. O colexio da localidade tamén leva o seu nome desde ese mesmo ano[2].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.