Río Tunjuelo
río de Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Tunjuelo ou Tunjuelito é un río que atravesa as localidades de Sumapaz, Usme, Ciudad Bolívar, Tunjuelito, Kennedy e Bosa da cidade de Bogotá e unha mínima extensión en Soacha. A súa conca alberga a preto de dúas quintas partes da poboación total da cidade. Ten unha lonxitude de 73 km e, despois do río Bogotá, é o segundo maior da cidade. En 1930 empregáronse as súas augas para abastecer o seu primeiro acueduto. Desemboca no río Bogotá.