![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ec/R%25C3%25ADo_Tamuxe%252C_o_Rosal.jpg/640px-R%25C3%25ADo_Tamuxe%252C_o_Rosal.jpg&w=640&q=50)
Río Tamuxe
afluente pola dereita do río Miño no seu treito final / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Tamuxe, tamén coñecido como río Carballo ou río Carballas, é un afluente pola dereita do río Miño no seu treito final, morrendo neste a poucos quilómetros da súa desembocadura no mar. Nace no concello de Oia, rega o val do Rosal e desemboca en Pías, no concello do Rosal.
Datos rápidos País, rexión ...
Río Tamuxe | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
rexión | ![]() |
Nacemento | concello de Oia |
Desembocadura | Río Miño |
![]() | |
Conca do río Miño no territorio galego | |
Pechar
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/Ponte_sobre_o_r%C3%ADo_Tamuxe_en_Loureza%2C_Oia.jpg/640px-Ponte_sobre_o_r%C3%ADo_Tamuxe_en_Loureza%2C_Oia.jpg)
É un río curto, duns 14 quilómetros, pero que chega a ter un caudal abondoso. Posúe numerosos muíños e pesqueiras que ademais da pesca deportiva ofrecen a posibilidade de se bañar con zonas amplas de profundidades maiores dos dous metros no verán.
Na súa cabeceira atópanse as pozas de Loureza, no lugar do mesmo nome dentro do concello de Oia. Nelas é posible nadar, tirarse á auga desde diferentes alturas e tomar o sol; ademais é habitual a práctica do nudismo.