Río Rubicón
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Rubicón ( en italiano Rubicone, en latín Rubico) é un riacho de réxime torrencial que corre pola Italia setentrional, e que desauga no mar Adriático, logo dun curso de algo máis de 29 km.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Península Itálica | ||||
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
País da cunca | Italia | ||||
División administrativa | Savignano sul Rubicone, Italia (pt) | ||||
Localización | Sogliano al Rubicone (pt) | ||||
Final | |||||
Localización | mar Adriático | ||||
| |||||
Conca hidrográfica | conca hidrográfica do Mediterráneo | ||||
Características | |||||
Dimensións | 35 () km | ||||
Ben cultural de Italia | |||||
Medicións | |||||
Caudal | 6,6 m³/s | ||||
Nace nos Apeninos, en Strigara, nas proximidades de Forli, flúe pola provincia de Forlì-Cesena (rexión de Emilia-Romaña). Na altura de Savignano sul Rubicone é atravesado pola via Emilia. Desemboca no mar Adriático, logo de case 30 km de percorrido.
Parece que o seu nome deriva da cor das augas que, ao atravesaren territorio arxiloso, collen un ton arroibado.
O río tivo importancia porque a lei romana prohibía a calquera xeneral cruzalo cun exército. Era considerado o límite entre a provincia romana da Galia Cisalpina (Gallia Cisalpina) e a Umbría e, en consecuencia, a fronteira setentrional de Italia. Coa prohibición, a lei tentaba protexer a república romana dunha ameaza militar interna.
Ao estalar a inimizade entre Caio Xulio César e Cneo Pompeio Magno por mor do cesamento polo senado do primeiro como cónsul, Xulio César, que tiña o control da Galia Cisalpina, proponse regresar a Roma para defender os seus dereitos. O 10 de xaneiro do 49 a. C., cruzou o Rubicón canda o seu exército, o que supoñía quebrantar a lei. Na beira das augas César meditou se atravesaría o leito do río e marcharía sobre Rímini, segundo relatan Suetonio, Plutarco e máis Lucano.
"Cruzar o Rubicón" tornouse un modo proverbial de dicir que se comeza algo novo e difícil, e que se rompe co pasado (sen volta atrás). Segundo Suetonio, Xulio César pronunciou a frase "a sorte está botada!", en latín alea jacta est!, que se adoita usar no idioma orixinal, para significar o mesmo. Suetonio tamén describiu a indecisión de César consonte se achegaba ao río, que o autor atribúe ao feito dunha aparición sobrenatural.
Existen dúbidas sobre a identificación do Rubicón actual e o antigo. As principais tendencias tenden a identificalo con outro rego próximo, denominado hoxe Pisciatello. Ambos os dous ríos nacen no mesmo monte, descenden por vales paralelos e unen ao final os seus cursos, en Gatteo-Mare, pouco antes de desembocar no mar.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Rubicón |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.