Río Po
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Po (/poʊ/, latín: Padus ou Ēridanus; grego antigo: Πάδος ou Ἠριδανός, Ēridanós; Ligur antigo: Bodincus ou Bodencus) é o río máis longo de Italia. É un río que discorre cara ao leste polo norte do país a partir dos Alpes Cottianos. O Po flúe 652 km. ou 682 km., tendo en conta a lonxitude do Maira, un afluente da marxe dereita. As cabeceiras do Po son un manancial que se filtra dunha ladeira pedregosa en Pian del Re, un lugar chairo na cabeceira do Val do Po baixo a cara noroeste do Monviso. O Po esténdese entón ao longo do paralelo 45 norte antes de rematar nun delta que se proxecta no Mar Adriático preto de Venecia, a súa conca hidrográfica ocupa unha área de 71.000 quilómetros cadrados.
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
País | Italia |
---|---|
Nacemento | Monte Viso, localización Preto de Crissolo, Piamonte, Italia 44°42′5″N 7°5′35″L altitude 3.700 m |
Altitude | 2.022 msnm |
Lonxitude | 652 |
Conca | Italia, Suíza, Francia |
Caudal medio | 1.540 m³/s |
Desembocadura | Mar Adriático |
Caracterízase polo seu grande caudal (varios ríos de máis de 1.000 km teñen un caudal inferior ou igual ao Po). Como consecuencia das súas características, o río está suxeito a fortes enchentes. En consecuencia, máis da metade da súa lonxitude está controlada con argini, (diques).[1]
O río atravesa moitas cidades italianas importantes, incluíndo Turín, Piacenza, Cremona e Ferrara. Está conectado a Milán a través dunha rede de canles chamada navigli, que Leonardo da Vinci axudou a deseñar. Cerca do final do seu curso, crea un amplo delta (con centos de pequenas canles e cinco principais, chamadas Po di Maestra, Po della Pila, Po delle Tolle, Po di Gnocca e Po di Goro) na parte sur da cal está Comacchio, unha zona famosa polas anguías. O val do Po era o territorio da Galia Cisalpina romana, dividida en Galia Cispadana (ao sur do Po) e a Galia Transpadana (ao norte do Po).