Río Paraguai
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Paraguai (en castelán, río Paraguay) é un dos principais ríos de América do Sur, o principal afluente do río Paraná e un dos máis importantes da conca do Prata.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paraguai (homónimos).
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | América do Sur | ||||
País da cunca | Brasil, Arxentina e Paraguai | ||||
División administrativa | Mato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul, Brasil | ||||
Final | |||||
División administrativa | Provincia de Buenos Aires, Arxentina | ||||
Localización | Río Paraná | ||||
| |||||
Afluentes | 23 | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do rio da Prata (pt) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 2.621 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.150.000 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 2,7 m³/s | ||||
Nace no Brasil, no concello de Alto Paraguai, no estado do Mato Grosso, discorre brevemente por Bolivia, cruza Paraguai e, no seu treito final, serve de límite entre este último país e a Arxentina, até desaugar no río Paraná fronte á localidade arxentina de Isla del Cerrito (provincia del Chaco).
É a principal arteria fluvial da rexión, en especial de Paraguai. A súa conca, que ten unha superficie de 1 168 540 km², está entre as 20 maiores da Tierra.[1] Ten unha lonxitud total de 2625 km, o que o sitúa tamén entre os 40 ríos máis longos do mundo.[2]
O seu curso alto forma en gran parte as maiores zonas húmidas de América: os Bañados de Otuquis e o Gran Pantanal, que actúa como un xigantesco regulador do seu caudal e, á súa vez, do caudal do río Paraná.
O seu nome é de orixe guaraní: o sufixo -ay significa "río", mientres que o significado do prefixo para- non está esclarecido; probabelmente sexa unha mutación de payaguá, nome pexorativo co que os guaranís apelaban aos integrantes dunha etnia de indíxenas do Chaco e o actual Paraguai Oriental, que contra o século XVI habitaba na zona de confluencia dos actualmente chamados ríos Paraná e Paraguai. Polo tanto, o significado máis probábel sexa "río dos payaguás".
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.