Río Dodder
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Dodder (en irlandés An Dothra) é un dos tres ríos principais do condado de Dublín, sendo os outros o río Liffey (do cal o Dodder é afluente) e o río Tolka. Nace ó pé do monte Kippure, nas montañas Wicklow.
Datos rápidos País, Lonxitude ...
Río Dodder | |
---|---|
O río Dodder ó seu paso por Rathgar. | |
País | Irlanda |
Lonxitude | 26km |
Desembocadura | Río Liffey, Mar de Irlanda |
Pechar
É destacábel que o río sexa fogar de numerosas especies de aves acuaticas como lavancos, garzas reais, picapeixes, merlos acuáticos, fulicas e cisnes brancos. Tamén se poden atopar gabiáns, lontras, raposos e teixugos na ribeira do mesmo.