Río Dal
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
O Dal (Dalälven en sueco) é un río no centro de Suecia que se forma pola confluencia do Västerdalälven e o Österdalälven en Djurås, no condado de Dalarna, e desemboca no golfo de Botnia en Skutskär. O Dal é o segundo río máis longo do país, ten 41 centrais hidroeléctricas na súa conca, e no pasado foi unha importante vía fluvial.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Condado de Dalarna, Suecia | |||
Final | ||||
División administrativa | condado de Gävleborg, Suecia | |||
Localización | Gävle Bay (en) | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Altitude | 13 m | |||
Dimensións | 220 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 29.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 350 m³/s | |||
As fontes máis setentrionais do río Dal atópanse na zona ao redor do Stor-Våndsjön, un lago que se atopa entre Suecia e Noruega na esquina máis ao norte de Dalarna. O río ten 541 km de longo dende alí ata o mar facendo do Dal o segundo máis longo de Suecia.[1] O Västerdalälven e Österdalälven únense para formar o Dalälven en Djurås, no concello de Gagnef. O caudal medio na desembocadura do río é de 379 m³/s, cun valor máximo de 2 450 m³/s e un mínimo de 40 m³/s. A súa conca fluvial ten unha superficie de 28 954 km².[2]