Río Chao Phraya
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Chao Phraya ou Me Nam (en tailandés: แม่น้ำเจ้าพระยา) é un río de Tailandia, o principal río do país que aflúe desde a rexión montañosa do norte do país até o golfo de Tailandia, preto de Bangkok. É importante para o transporte das mercancías e tamén parte dun val agrícola altamente produtivo. O nome aplícase estritamente só ao curso baixo do río, que comeza na confluencia dos ríos Nan (740 km) e Ping (658 km).
Datos rápidos País, Nacemento ...
Río Chao Phraya | |
---|---|
País | Tailandia |
Nacemento | Confluencia do río Ping e Nan, en Pak Nam Pho |
Lonxitude | 372 km |
Conca | 160.400 km² |
Caudal medio | 718 m3/s |
Desembocadura | Golfo de Tailandia |
Mapa. | |
Pechar
Ten unha lonxitude de 372 km, aínda que o sistema fluvial Chao Prayer-Nan chega aos 1.112 km e drena unha bacía de 160.400 km², máis dun terzo do país, unha área similar a países como Tunisia, Suriname, o Nepal ou Bangladesh.