Río Andarax
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Andarax está situado na provincia de Almería, España. Nace na zona oriental de Serra Nevada, no Cerro del Almirez. O seu curso íntegro transcorre no interior da provincia de Almería. Atravesa o val do Andarax, ao sur do Deserto de Tabernas, onde recibe os intermitentes corgos de auga de Tabernas, derradeiro curso de auga con achegas significativas ó río. Ó seu paso polos municipios de Rioja, Viator e Benahadux alimenta a numerosas leiras de cítricos. Finalmente acada a súa desembocadura nas aforas de Almería, formando un amplo delta, sobre o que se asenta unha fértil veiga, hoxe en proceso de desaparición a causa do crecemento da cidade.
Andarax | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Cerro del Almirez (Almería) |
Lonxitude | 67 km |
Caudal medio | Réxime de corgo |
Desembocadura | Mar Mediterráneo |
Localización do río Andarax en Almería | |
En tempos históricos posuía un caudal case permanente, sendo navegable ata o municipio de Pechina.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Andarax |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.