From Wikipedia, the free encyclopedia
O Almanzora é un río de 105 km de lonxitude que corre pola provincia de Almería, na comunidade andaluza, no sueste de España. Desauga directamente no mar Mediterráneo.
Tipo | río río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Provincia de Almería, España | ||||
Final | |||||
Localización | Mar Mediterráneo | ||||
| |||||
Conca hidrográfica | conca do río Almanzora | ||||
Características | |||||
Dimensións | 90 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.650 km² | ||||
O sentido xeral do curso do río é de oeste a leste. Nace na vertente setentrional da serra dos Filabres, moi preto das lindes entre a provincia de Granada e a de Almería, a uns 1900 m.s.n.m. Até Alcóntar colle unha dirección norte, para emprender logo un decidido fluír cara levante, e alcanzar a veiga de Vera, onde desemboca, cerca de Palomares, no mar.
Os seus afluentes son polo xeral curtos ao baixar das vertentes montañosas que arrodean o curso principal. Destacan:
Entre as poboacións sitas nas súas orelas destacan: Tíjola, Purchena, Zurgena, Vega de Almanzora e Vera.
O Almanzora identifícase co denominado Surbo nos textos romanos. O nome árabe está ben documentado, porén a explicación habitual, p. ex. en Nieto Ballester, Breve diccionario de topónimos españoles. Madrid. 1997, s.v. Cuevas del Almanzora, que da do árabe al-mansura "a vitoriosa; lugar da vitoria", semella algo traído polos pelos, máis cando se compara con outros dous Puente Almanzora (Murcia) e Fuente Almanzora (Málaga), e lexitimamente cabería preguntarse se non hai atracción do máis coñecido nome Al-Mansur = Almanzor, por al-majar "curso de agua".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.