Queen (álbum)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Queen é o álbum de estrea da banda inglesa de rock Queen, publicado o 13 de xullo de 1973. Foi gravado nos Trident Studios e De Lane Lea Music Centre en Londres, coa produción de Roy Thomas Baker, John Anthony e Queen.
Datos rápidos Queen, Álbum de Queen ...
Queen | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Queen | ||||
Publicado | 13 de xullo de 1973 | |||
Gravación | decembro de 1971 - novembro de 1972 | |||
Estudio(s) | De Lane Lea e Trident Studios, Londres | |||
Duración | 38:36 | |||
Xénero(s) | rock | |||
Selo(s) | EMI (Europa) Elektra (EEUU) | |||
Producido por | John Anthony, Roy Thomas Baker, Queen | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar
O álbum estivo influenciado polo rock progresivo, o hard rock e o heavy metal da época e fala de temas como o folclore ("My Fairy King") e a relixión ("Jesus"). O vocalista Freddie Mercury compuxo cunco dos dez temas, o guitarrista Brian May escribiu catro e o batería Roger Taylor o restante. A derradeira canción do disco é unha pequena versión instrumental de "Seven Seas of Rhye". O baixista John Deacon aparece acreditado no libreto do vinilo orixinal como "Deacon John".