![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Nicolas_Poussin-La_Mort_de_Chion%25C3%25A9.jpg/640px-Nicolas_Poussin-La_Mort_de_Chion%25C3%25A9.jpg&w=640&q=50)
Quíone (filla de Dedalión)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Quíone, na mitoloxía grega, tamén chamada Filónide [1], foi a filla do rei Dedalión (fillo de Fósforo [2]). Os deuses Apolo e Hermes, cando a viron, desexaron xacer con ela. Apolo prefiriu esperar á noite pero Hermes, máis impaciente, fixo que se durmira e violouna. Xa caída a noite, Apolo tamén a violou, disfrazado de anciá. Quíone quedou embarazada dos dous, e tivo dous fillos: Autólico, de Hermes, e o músico Filamón, de Apolo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Quíone (homónimos).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Nicolas_Poussin-La_Mort_de_Chion%C3%A9.jpg/640px-Nicolas_Poussin-La_Mort_de_Chion%C3%A9.jpg)
Quíone era especialmente fermosa, e pecou de vaidade [3]. Envaidecida pola súa fermosura, tivo o atrevemento de desprezar a Artemisa, presumindo de ser máis bela que a deusa, e esta, en vinganza, matouna atravesándolle a lingua dun frechazo.
"Tiña unha filla, Quíone, dotada de excepcional beleza; tivo ela mil pretendentes á idade casadeira de catorce anos. En certa ocasión que volvían Febo e o retoño de Maia [4]... véndoa ambos, ambos inflamáronse de amor... ¿De que serve haber parido dous fillos e haber gustado a dous deuses...? ¿Non é prexudicial a gloria para moitos? Foino, desde logo, para ela, que se atreveu a antepoñerse a Diana e criticou a beleza da deusa. Diana sentiu unha cólera furibunda ... tendeu o arco, impulsou coa corda a seta, e traspasou, como merecía, aquela lingua coa frecha".(Ovidio: Metamorfosis XI, 301-327)