rama da química que estuda a estrutura, propiedades, composición, síntese e reaccións químicas dos compostos orgánicos From Wikipedia, the free encyclopedia
A química orgánica é a rama da química que estuda a estrutura, as propiedades, a composición, a síntese e reaccións químicas dos compostos orgánicos. Os compostos orgánicos son os compostos cuxo elemento fundamental é o carbono, pois estes compostos baséanse nun "esqueleto" formado por átomos de carbono.
O límite entre a química orgánica e a química inorgánica non é sempre nítido; por exemplo, o óxido de carbono (CO) e o dióxido de carbono (CO2) non forman parte da química orgánica. Podemos considerar os compostos organometálicos (moléculas orgánicas que inclúen átomos metálicos unidos a un átomo de carbono por medio un enlace covalente) coma unha separación difusa entre ambas ramas.
Ó contrario que outros elementos, o carbono forma enlaces fortes con outros átomos de carbono e cunha gran variedade doutros elementos. As cadeas e aneis de átomos de carbono son tan variadas que poden formar unha variedade interminable de moléculas.
A diversidade dos compostos de carbono é a base para a vida na Terra. Os seres vivos están formados de compostos orgánicos complexos con funcións estruturais, químicas ou xenéticas.
Na orixe, a ciencia da química orgánica era o estudo dos compostos que se extraían dos organismos vivos e dos produtos naturais. Compostos coma azucre, léveda, ceras eran considerados orgánicos. Está división partía da teoría vitalista, polo que a química orgánica estuda os compostos que posuían a "forza vital" e a química inorgánica estudaba gases, rochas e minerais e compostos derivados deles. A aparición da química orgánica asóciase ao descubrimento, en 1828, polo químico alemán Friedrich Wöhler, de que a substancia inorgánica cianato de amonio podía converterse en urea, unha substancia orgánica que se atopa na urina de moitos animais. Antes deste descubrimento, os químicos crían que para sintetizar substancias orgánicas, era necesaria a intervención do que chamaban "forza vital". O experimento de Wöhler rompeu a barreira entre substancias orgánicas e inorgánicas.
En 1856, William Henry Perkin, mentres trataba de estudar a quinina, accidentalmente fabricou o primeiro colorante orgánico, coñecido como púrpura de Perkin.[1]
A química orgánica constituíuse como disciplina na década de 1930. O desenvolvemento de novos métodos de análise das substancias de orixe animal e vexetal, baseados no emprego de disolventes, como o éter ou o alcohol, permitiu illar un gran número de substancias orgánicas que recibiron o nome de "principios inmediatos".
Os compostos orgánicos poden dividirse en tres clases: hidrocarburos, compostos osixenados e compostos nitroxenados.
Os hidrocarburos son substancias que están formadas só de carbono e hidróxeno. O composto máis simple é o metano, un átomo de carbono con catro de hidróxeno (valencia = 1), pero tamén pode darse a unión carbono-carbono, formando cadeas de distintos tipos, xa que poden darse enlaces simples, duplos ou triplos. Cando o resto de enlaces destas cadeas son con hidróxeno, fálase de hidrocarburos, que poden ser:
Son cadeas de carbonos cun ou varios átomos de osíxeno. Poden ser:
Unha das principais relacións entre a química orgánica e a bioloxía é o estudo da síntese e estrutura de moléculas orgánicas de importancia nos procesos moleculares realizados polos organismos vivos, é dicir no metabolismo.[2] A bioquímica é o campo interdisciplinar científico que estuda os seres vivos, e xa que estes empregan compostos que conteñen carbono, a química orgánica é imprescindible para comprender os procesos metabólicos.
En termos biolóxicos, a química orgánica é de grande importancia sobre todo nun contexto celular e isto podémolo exemplificar con moléculas como os carbohidratos, presentes dende a membrana plasmática así como na estrutura química do ADN, os lípidos, que son a base principal da membrana plasmática, as proteínas, que axudan a dar apoio a un organismo ou ás súas funcións como enzimas e o ADN, molécula encargada de gardar a información xenética dos organismos vivos.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.