From Wikipedia, the free encyclopedia
A píllara rabirrubia[2][3][4][5] (Charadrius vociferus) é unha ave caradriforme americana.
Píllara rabirrubia | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Charadrius vociferus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Oxyechus vociferus |
Son aves duns 26 cm de lonxitude, de cola longa e ás aguzadas, coa plumaxe da parte superior do corpo castaña agrisada con matices laranxa avermellados. A parte inferior e o pescozo son brancas. A cara e a cabeza son castañas, coa fronte branca. O anel ocular é alaranxado. Os polos teñen un deseño semellante ó dos adultos. Teñen unha liña negra dobre no papo.
Crían en Norteamérica e México, e poboacións illadas crían tamén en Costa Rica e o Perú. As poboacións máis setentrionais emigran en inverno cara ó sur, chegando mesmo ata o norte de Suramérica. En Europa son visitantes ocasionais raros.
O seu hábitat preferido son campos abertos e terras de labor. Buscan o seu alimento (insectos e outros invertebrados) en prados, zonas húmidas e desembocaduras de ríos, a miúdo mesmo preto das edificacións humanas.
Fan o niño no chan, a miúdo no grixo. Poden aproveitar unha lixeira depresión para aniñar, pero non marcan o niño ou fanos ó cunhas poucas pedras. O aspecto dos ovos, moi pencados, recorda ó das pedras, polo que se mimetizan moi ben co contorno. Poñen en xeral catro ovos nunha superficie plana no chan, que choca nos dous membros da parella durante unhas catro semanas. Os polos, que teñen xa os ollos abertos e a penuxe ben desenvolta cando saen do ovo, deixan o niño deseguida, xa que poden camiñar e comer poucas horas despois de naceren. Manteñen, porén, a dependencia de seus pais ata que poden voar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.