From Wikipedia, the free encyclopedia
Pyrococcus é un xénero de arqueas da familia Thermococcaceae.[1] Pyrococcus ten características similares ás doutras arqueas termoautotróficas como Archaeoglobus, e Methanococcus con respecto ao seu carácter termófilo e anaeróbico. Pyrococcus diferénciase na súa temperatura de crecemento óptima, que é próxima aos 100 °C e habita a maiores profundidades no mar ca outras arqueas. O estudo de Pyrococcus serve para comprender mellor os posibles mecanismos utilizados para vivir en condicións ambientais extremas de presión e temperatura.
Pyrococcus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
P. furiosus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Secuenciáronse tres especies de Pyrococcus. P. furiosus é o que ten o xenoma meirande, de 1,9 Mb, seguido de P. abyssi con 1,8 Mb e P. horikoshii con 1,7 Mb. Os xenomas codifican moitos encimas metabólicos, o que lles dá un amplo espectro de condicións de vida, e poden transportar e metabolizar unha ampla variedade de substancias. Tamén se detectaron variacións entre as especies.
As células de Pyrococcus son dun tamaño de 0,8–2 μm e con forma de cocos lixeiramente irregulares. Presentan un grupo polar de flaxelos e están envoltos por unha capa S que encerra un espazo periplásmico arredor da membrana citoplasmática. As especies de Pyrococcus son anaeróbicas pero o seu metabolismo varía lixeiramente. A fermentación de péptidos é a principal vía metabólica, e observouse o crecemento de P. furiosus e P. abyssi con amidón, maltosa, e piruvato pero non no caso de P. horikoshii. Aínda que non precisan xofre elemental para crecer, o crecemento mellora coa adición de xofre.
As especies de Pyrococcus viven en ambientes con temperaturas extremadamente altas como as chemineas termais submarinas. As súas condicións óptimas de crecemento son pH de arredor de 7, concentracións salinas de arredor de 2,5%, e temperatura de aproximadamente 98 °C. Como crecen a tan altas temperaturas teñen que ser organismos anaeróbicos, xa que a esas temperaturas de practicamente ebulición non hai oxíxeno dispoñible na auga. No caso das fontes termais submarinas, onde se encontrou a especie P. abyssi, non chega luz solar e a presión é dunhas 200 atm, o que se engade ás elevadas temperaturas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.