![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/Dew_on_spider_web_Luc_Viatour.jpg/640px-Dew_on_spider_web_Luc_Viatour.jpg&w=640&q=50)
Punto de resío
From Wikipedia, the free encyclopedia
O punto de resío, punto de orballo ou punto de rosada é a temperatura á que empeza a condensarse o vapor de auga contido no aire e auga, producindo resío, néboa ou, no caso de que a temperatura sexa o suficientemente baixa, xeada.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/Dew_on_spider_web_Luc_Viatour.jpg/640px-Dew_on_spider_web_Luc_Viatour.jpg)
Para unha masa dada de aire, que contén unha cantidade dada de vapor de auga (humidade absoluta), dise que a humidade relativa é a proporción de vapor contida en relación á necesaria para chegar ao punto de saturación, expresada en porcentaxe. Cando o ar se satura (humidade relativa igual ao 100%) chégase ao punto de resío.
facendo un exemplo aplicativo:
- Pr = Punto de resío.
- T = Temperatura en graos Celsius
- H = Humidade relativa.
A fórmula amplamente empregada é:
- Pr = Punto de resío.
- T = Temperatura en graos Celsius
- H = Humidade relativa.
Esta última fórmula aínda que é amplamente usada non sempre xera o resultado correcto.
A temperatura do punto de resío depende da presión do gas, feito que non está considerado nas fórmulas anteriores.[1]