Puigpedrós
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Puigpedrós ou Puig de Campcardós é un monte de 2.915 metros situado nos Pireneos, na fronteira entre España e Francia. Está situado entre os municipios cataláns de Ger, Guils de Cerdanya e Meranges, na Baixa Cerdanya, e o municipio francés de Porta, na Alta Cerdanya. É o monte máis alto da provincia de Xirona.
Preto da cima hai un vértice xeodésico a unha altura fe 2.912,6 metros e pódense ver a serra do Cadí e as montañas de Andorra.
O seu nome fai alusión ás rocas que se concentran na parte superior da cima.