Psicolingüística
From Wikipedia, the free encyclopedia
A psicolingüística ou psicoloxía da linguaxe é unha disciplina híbrida entre a psicoloxía e a lingüística, interesada no estudo dos factores psicolóxicos e neurolóxicos que capacitan aos humanos para a adquisición, uso e comprensión da linguaxe.
A psicolingüística naceu dos estudos do lingüista francés Gustave Guillaume, motivo polo cal foi coñecida a principios do século XX como guillaumismo. Guillaume chamouna teoría do psicosistema, e nela vinculou os elementos lingüísticos cos psicolóxicos.