A proteína tumoral controlada traducionalmente (TCTP polas súas siglas en inglés), tamén chamada p23,[1] fortilina,[2] e factor liberador de histamina.[3][4] é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TPT1 do cromosoma 13.[5][6][7][6] Este xene humano comprende cinco intróns e seis exóns, contén un promotor cunha caixa TATA canónica e varios elementos promotores, que están ben conservados en mamíferos.[8] O ensaio con xene reporteiro mostra unha forte actividade de promotor comparable con promotores virais.[9]
Datos rápidos TPT1, Estruturas dispoñibles ...
Pechar
A TCTP é unha proteína multifuncional e moi conservada que se encontra de forma ubicua en diferentes especies eucariotas e está distribuída en varios tecidos e tipos celulares.[10]
A TCTP humana é unha proteína que se une ao calcio relacionada co crecemento.[11]